Antonio Sayanes naceu en Vilagarcía, o seu pai era garda civil. Antonio fixose mariñeiro e foise para Vigo, para os barcos de pesca, tiñan mais futuro. O Berbés estaba en pleno apoxeo.
Cando estallou a Republica Antonio xa estaba casado e afiliouse a CNT. Era un tipo moi reflexivo que enseguida foi elexido secretario xeral de pesca. Estivo no congreso de Zaragoza xunto o seu gran amigo de Vilagarcia, Rodrigo Berruete Alejandre, cabeza do sindicato en Arousa. Cando o golpe de estado de 1936, comenzaron as persecucións e asesinatos. Antonio botou a andar polo monte cara a Vilagarcía e uníuse a cuadrilla de Rodrigo que era coñecido no pobo como, O Gitano. Non fumos capaces de saber o porque de ese apodo pero nada que ver con cuestións de raza, posiblemente coa cor da pel, Rodrigo era moi moreno.
No monte había unha chea de republicanos que foron caendo baixo as gadoupas falalanxistas, outros entregándose e outros aguantando. Antonio Sayanes escríbelle esta carta, que figura mais arriba deste texto, a súa muller desde o monte en Novembro de 1936. Foille entregada por un enlace. Había xente que arriscaba a súa vida por botarlles unha man. A os tres meses desta carta, Antonio e o grupo ao completo, caían en Loenzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario